Saturday 18 de May de 2024

Cariño abre o prazo para inscribirse nos campamentos urbanos de conciliación para este verán


• O Concello organiza un Campamento Urbano de Conciliación para nenos e nenas de entre 3 e 16 anos durante xullo e agosto no CEIP Manuel Fraga Iribarne.

O Concello de Cariño abriu hoxe xoves 15 de xuño o prazo de inscrición para participar nun novo Campamento Urbano de Conciliación dirixido aos máis novos que terá lugar este verán e que durará desde o 3 de xullo ata o 1 de setembro.

O campamento, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos, desenvolverase nun horario de mañá, de 09:30 a 14:30 horas no CEIP Manuel Fraga Iribarne. As prazas totais dispoñibles ascenden a 46 participantes que se dividirán segundo a idade en catro grupos.

A inscrición será por semanas e poderase realizar a través da web do Concello na Sede electrónica ou ben presencialmente na Casa do Concello entre as 09:00 e as 14:00 horas. Será posible solicitar as prazas para partir hoxe, e ata o mércores 21 de xuño. Para inscribirse co método presencial será necesario pedir cita previa no teléfono 981 405 064.

O custo por asistente e por semana é de 20 euros, aínda que o prezo descenderá progresivamente segundo o número de irmáns, sendo 15 euros o importe en caso de ser o segundo irmán ou 12 euros se é terceiro irmán ou máis.